|
Resumo 1º Torneo de Birlos |
|
|
|
 Durante os días 16, 17 e 23 de agosto celebrouse na parroquia de San Fiz de Cangas o 1º Torneo de Birlos do Festival do Castro. Aínda que este ano era unha experiencia case experimental, contou cunha importante participación e resultou un torneo do máis interesante. Houbo moitos xogadores veteráns, da zona, que xa coñecían este deporte popular e que foron quen se disputaron a votoria final, mais tamén foron bastantes as persoas que con menos prática, ou mesmo descubrindo os birlos por primeira vez, participaron nesta edición. Para o ano que vén imos planificar mellor esta actividade, integrándoa planamente no festival a pesar de celebrarse a uns quilómetros do castro, e con dous claros obxectivos. Dunha banda, tentar aumentar a participación de mulleres, e de outra facer demostracións coa posibilidade de iniciarse para quen lle apeteza descubrir este deporte tradicional. Tras tres días de tiradas e embirles, e nunha final apretada, os resultados foron os seguintes: |
|
Continuar...
|
 O número premiado no sorteo da ONCE do 27 de Agosto foi o 98194 polo que tal e como se indicaba na rifa do Festival o premio correpondería á rifa que leve o número 0194 e que coincide coas tres últimas cifras do sorteo dese día. O ou a gañadora deste sorteo poderá disfrutar dunha estancia para dúas persoas de dous días e dúas noites, en réxime de aloxamento e almorzo con circuitos acuáticos no Balneario Augas Santas de Pantón. O premio podese disfrutar entre os días 1/9/08 e o 31/06/09 poñendose en contacto, quen teña a rifa gañadora, con nós no teléfono 615 674 390 ou no correo
Este endereço de e-mail está protegido de spam bots, pelo que necessita do Javascript activado para o visualizar
. Noraboa! |
|
Consegue xá a túa camiseta! |
|
|
|
|
Xa podes mercar a camiseta oficial do Festival do Castro'08. Co deseño do cartaz deste ano, en tres cores, no peito e o logo da asociación, en pequeno e a dúas cores, nas costas. Está dispoñíbel en varias cores e tallas. Rosa, lila, granate, azul "tejano", negro e verde mazá nas tallas 12-14, M, L, XL e XXL. Só son 8 euros e a recebes na túa casa. E por ese prezo, ademais de destacar entre as masas estarás contribuíndo co Festival do Castro. Escolle a túa! Mándanos un e-mail a
Este endereço de e-mail está protegido de spam bots, pelo que necessita do Javascript activado para o visualizar
e indicarémosche como conseguila. Consegue xa a túa camiseta!
Podes ver as camisetas, tamaños e cores aquí.
|
|
|
|
<< Início < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
|
Página 1 de 2 |