| Imaxes e balance do Festival do Castro '08 |
|
|
|
|
Tamén o torneo de birlos teremos que potencialo á vista da boa aceptación que tivo. Todo un descobrimento para moitos e moitas este deporte popular que ten a súa ciencia. O xantar co café concerto e o programa de tarde con acrobacias, humor e circo tiveron unha importantísima participación de todas as idades e como sempre foron das actividades máis participativas e agradecidas e que ano a ano se consolidan máis. Tras o xantar con máis asistentes de todas as edicións sorprenderounos a guerrilla musical dos Festicultores que levantaron as primeiras pezas do día e case remata en verbena. En canto ás actividades da tarde, consideramos un acerto o cambio de ubicación xa que participou aínda máis xente e non houbo molestias coas probas de son dos grupos, necesarias tamén. Sue Moreno, Pablo Trasno e Fredi Cricanelo espectaculares por xunto e por separado. Bocas abertas de todas as idades, risas e aplausos de principio a fin. E que dicir do concerto... cada vez é máis masivo como resposta á calidade e contundencia dos grupos que ano a ano nos visitan. Todo o castro botou coas músicas e letras de Quempallou, Loretta Martin, Lamatumbá e Tonhito de Poi. Unha festa! E asi até as cinco e pico da mañá. Presentado por Sobre rodas e demostrando que a música galega, en todos os estilos, está a un altísimo nivel, fixeron vibrar a toda a parroquia asistente. Destacar finalmente que pouco a pouco imos conseguindo que a xente se implique co festival e consuma, cando menos algo, na barra da asociación, que tanto nos axuda a finaciar todo isto. Agradecer tamén o bo comportamento de todas as persoas que con nós participaron no Festival tanto nas actividades como nas zonas de campismo. E como non a ovación final para todos os compañeiros e compañeiras da asociación e quen colaboraron con nós na organización de todo isto. É evidente que non estariamos pensando xa na edición do ano que ven se non fora por todos e todas elas. No 2009 máis!
Pincha aquí para ver as imaxes. |